Boas tardes!!
Este mércores, na clase teórica da materia de novas tecnoloxías, propuxéronos unha actividade na cal tiñamos que buscar exemplos de actividades que realizaban os nosos pais e que agora nós realizamos diferente co uso das tecnoloxías.
Unha das primeiras anécdotas que me comentaron meus pais foi que eles utilizaron libros e enciclopedias para realizar os seus traballos para escola. Según me contaron, busacaban información entre as páxinas destas obras.
Agora nesta sociedade temos todo ao alcance dun click. Para elaborar os meus traballos, tanto aquí na Universidade como no Instituto, a gran maioría da información busqueina a través de internet, apenas indagei en libros físicos. Na rede podes encontrar todo o que queiras e ademáis exactamente a información que necesitas.
O seguinte foi a maneira de escoitar música. Meus pais recordan que utilizaban os cassettes. Cando na radio poñían unha canción que lles gustase collían o cassette e grababan, moitas veces aparecía a voz do locutor ao acabar ou no medio da grabación.
Na actualidade podemos encontrar todo tipo de cancións en plataformas como SoundCloud, Spotify, iTunes... e podemos facer listas de reproducción coas nosas cancións favoritas.
Hoxe en día necesitamos ter dominio das novas tecnoloxías xa que vivmos nun mundo no cal estamos rodeados delas. Gracias a ela podemos realizar certas actividades con maior rapidez ou facilidade.
Como dixen antes vivimos rodeados das TIC, como futura docente penso que isto repercute na educación de nenos e nenas que xa veñen cunha vagaxe tecnolóxica neste sentido, xa que agora dende moi pequenos xa manexan tablets, móbiles... Por eso creo que temos que dominar ben estas TIC, para poder axudar ao alumnado a saber utilizar con criterio este tipo de ferramentas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario