viernes, 24 de marzo de 2017

Actividade tema 2

¿Que concepción pedagóxica impide un uso innovador da tecnoloxía?

Segundo este artículo o proceso de integración das TIC nos sistemas escolares é complexo, xa que está sometido a moitas tensións e presións procedentes de moitos ámbitos. Por iso non sempre se ve reflexado no aprendizaxe do alumnado.

Un estudo de casos en centros educativos que utilizaban as TIC realizado en España, obtiveron como conclusión que o modo de impartir a ensinanza utilizando as TIC, por parte dos mestres e mestras, é de carácter expositivo ou de tranmisión de información, o cal non supón unha alteración ou innovación significativa do modelo de ensinanza.

Polo dito no anterior parágrafo podemos dicir que o verdadeiro impedimento do uso innovador das TIC,  é que nas aulas seguen impartindo unha pedagoxía de aprender por recepción. Moitas desas políticas foron criticadas, xa que confiaban en que a tecnoloxía, por sí soa, xerase o cambio e mellorase a ensinanza e o aprendizaxe
É dicir, a innovación tecnolóxica non se traduce en innovación pedagóxica, o que suxire que nos próximos anos as políticas educativas deberán poñer máis o acento nas transformacións do modelo das prácticas educativas.

¿Que caracteíscas debe ter unha boa práctica educativa?

Unha boa práctica educativa, debe ter un aprendizaxe que se constrúa a través da actividade e da reflexión sobre a experiencia. Ponse especial importancia nas destrezas, nos coñecementos funcionais e na apropiación persoal dos saberes. Deste xeito, o aprendizaxe enténdese como un proceso experiencial de diálogo do estudante cos distintos mecanismos culturales dispoñibles (sexan os libros, ou a web).

Tamén debe ser innovadora, exemplar e transferible a novas situacións ou contextos educativos; ser coherente cos principios dun modelo de ensinanza-aprendizaxe; proporcionar experiencias de aprendizaxe valiosas para o alumnado como suxieto activo; utilizar con fins e sentido pedagóxico as TIC; desenrolar experiencias de aprendizaxe de comunicación social na rede.

¿Que papel debe xogar o estudante nunha boa práctica educativa?

O alumnado ten que ter un papel activo que reconstrúa e dea significado a información que obtén extraescolarmente e nos múltiples medios de comunicación, e desenrole as competencias para utilizar de forma intelixente, crítica e ética a información.
En definitiva os alumnos e alumnas son uns “prosumidores” e actores, que poidan ser artífices do seu propio aprendizaxe.



E vos que pensades sobre este tema? Agardo os vosos comentarios.


Por aquí vos deixo o enlace do artículo http://manarea.webs.ull.es/wp-content/uploads/2014/01/Reinventar-la-escuela-manuel-area-2015.pdf

1 comentario:

  1. En contestación a vuestra pregunta, lo que las investigaciones apuntan, es a la necesidad de un cambio metodológico por parte del profesorado.
    Las investigaciones han sacado a la luz, que un modelo de enseñanza basado en la mera transmisión de conocimientos, en el que el alumnado es un sujeto pasivo, es por así decirlo, incompatible con las TIC, ya que la correcta utilización de éstas, para un óptimo aprovechamiento de sus innumerables beneficios, radica en un cambio radical en la metodología, siendo la metodología activa, la que conecta a la perfección con las TIC.
    Con todo, es importante, resaltar que para que se dé un cambio metodológico, es indudable que debe existir un profesorado comprometido con la educación del futuro, y con un compromiso de formación al respecto.

    ResponderEliminar